0

Gala de humor VIII Aniversario

27 Decembro 2011 in Novas, Produción

  • Días: 7 e 8 de xaneiro
  • Hora: 18:30h
  • Lugar: Teatro Rosalía de Castro
  • Entradas: Entrada única 8 euros (bono familiar 3 entradas a 18 euros). Á venda en www.servinova.com, taquillas Praza de Ourense e taquilla Teatro Rosalía.

Coa temática do “circus maximus”, ou circo romano, pretendemos celebrar o 8º aniversario da asociación con dúas únicas funciones para público familiar, sábado 7/domingo 8 de xaneiro, ás 18.30h, nas que participan numerosos artistas de manicómicos (números cómicos, circenses, pallasos…) e alumnos da nosa escola, para dar ambientación ao Teatro Rosalía, que nesta ocasión, será convertido nun particular Coliseum romano. Centurións, esclavos, patricios, vestais, plebeios, atletas olímpicos, gladiadores, carreiras de cuádrigas e ata “leóns” vivos darán cor a esta magnífica gala, en honra a un deprimido César (Pedro Brandariz) que ante a inminente crise e caída en picado do imperio romano, non é quen de levantar cabeza. Como non sae da súa depresión, a emperatriz (Vanessa Rivas) decide organizarlle unha sorpresa que lle devolva a ilusión perdida: a celebración do “circus maximus”. Quen faga rir ao César será laureado de por vida; quen non, botado aos “leóns”. Conseguirao alguén? Que será do imperio?

Unha vez máis invitamos a todo o público a vir disfrazado de época romana e participar cos seus vítores e barullo desta inolvidable gala.
0

Cabaré Manicómicos no Filomatic 22dec

14 Decembro 2011 in Novas

Cando? xoves 22 de decembro – 22 horas
Onde? Sala Filomatic (rúa san xosé, 21)
Canto? 4 euros

Despois do incríble éxito do primeiro cabaré, coa Sala Filomatic a tope de xente desfrutando do humor e o teatro, Manicómicos volta á carga cun novo cabaré de humor o vindeiro xoves 22 de nadal ás 22h na Sala Filomatic da Coruña! Animádevos a pasar un bo momento con todos nós!!!

Máis de 10 artistas en diferentes disciplinas: clown, danza, teatro xestual, malabares, monólogos…

Ven e cóntao…

0

Cabaré Manicómicos no Filomatic

24 Novembro 2011 in Novas

Cando? venres 2 de decembro – 22 horas
Onde? Sala Filomatic (rúa san xosé, 21)
Canto? 4 euros

O mar anda revolto… Non afoguedes!!! Invitámosvos a embarcar noutra aventura máis dos Manicómicos… delirante, metabolizante, indestructible, irónica, indecente, inagotable… con estilo propio!

Máis de 10 artistas en diferentes disciplinas: clown, danza, teatro xestual, malabares, monólogos… Permitídevos ser os nosos náufragos particulares!

Actuarán: Uxía Vázquez, Guillermo Portas (Guille), Marcial Blanco e Paco Alvarellos (Paco e Xaco), Marta Mato, Ángela Blanco, Carlos Sante, Lorena Tomé, Keke Díez, Vanessa Rivas, Mónica Suárez e Daniel Lozano.

Ven e cóntao…

0

Formación Manicómicos 2011-12

22 Setembro 2011 in Formación, Novas

Comeza unha nova tempada de formación en Manicómicos. Máis cursos, máis completos, máis divertidos, máis tolos, máis manicómicos!!!

Un montón de propostas diferentes, para todos os gustos: Ioga, Canto e Técnica Vocal, Teatro Xuvenil, Creación Escénica, Pilates, Danza, Teatro Infantil, Teatro de Movemento, Escritura Teatral, Técnicas de Circo (para adultos e para peques), Clown e Improvisación e Mimo.

Continue reading…

0

Taller de improvisación libre para músicos, bailaríns, artistas escénicos, poetas, … con Chefa Alonso

16 Setembro 2011 in Formación, Novas

En Manicómicos, rúa Andrés Gaos 16, baixo, A Coruña.
Os días 11-12-13 de outubro 2011, de 17-21h
Contacto e inscricións: manicomicos@hotmail.com – Tlfnos: 981262604 / 692213292
O prezo xeral é de 60€, pagables o primeiro día do taller (prazas limitadas: reservas por orde de inscripción)

Descrición do curso:

Para os que aínda non me coñecen e para os que se están preguntando “e que nos ensinará Chefa?”, aquí van unha serie de ideas e propostas de traballo, que non vos explico en detalle porque para iso está o taller, pero que vos poden dar unha idea do que imos facer. En termos xerais, exporei diversos exercicios para traballar aspectos específicos da improvisación e tamén (máis ben ao final), contareivos un pouco sobre os meus sinais e os meus criterios de condución.

  1. Apertura e procura: desaprender o aprendido. Solos e dúos encadeados.
  2. Debuxando o esquelete: outras referencias. Miniaturas.
  3. Buscando o propio espazo: onde e cando bailar. O tres desexos.
  4. O solo e o fondo: cando solear e cando integrarse no grupo. Grupos con solistas.
  5. Buscar o noso propio material ou desenvolver un material dado. Os solos.
  6. O traballo en grupo. A orquestra ou o corpo de baile.

Continue reading…